A cuarta Gala da Cultura da Deputación celebrarase o 10 de abril no Teatro Colón e contará coa presenza de Fran Sieira

01 Abril 2025

O Teatro Colón da Coruña acollerá, o próximo 10 de abril ás 19.00 horas, a celebración da IV Gala da Cultura da Deputación, na que se fará entrega dos premios convocados pola área de cultura da entidade provincial no 2024: o Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de Banda Deseñada; o Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil; o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Fran Pérez ‘Narf’ de música; o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero; o Jesús Núñez de Arte Gráfica e o Luís Ksado de fotografía. A entrada é libre ata completar aforo.

Presentación da gala no Teatro Colón, fotos de Cris Andina

A reinterpretación da tradición ou o novo tradi será o fío condutor dunha gala presentada pola xornalista Susana Pedreira, que contará coas actuacións do trío musical Alana e o bailarín e coreógrafo ribeirán Fran Sieira e que terá tamén interpretación en lingua de signos. Ademais, o encaixe de Camariñas será protagonista, como “símbolo da nosa tradición, artesanía e identidade”, explicou a deputada, en toda a estética.

“Vai ser unha xornada moi diversa, dinámica e emotiva. Como o é a nosa cultura. Porque a cultura é transversal: é identidade, patrimonio e transformación social” sinalou a deputada. Baixo esta premisa, xorden diferentes colaboracións. En primeiro lugar, coa propia Mostra do Encaixe, que estarán palillando nas inmediacións do Teatro xusto antes da gala e, ademais, un dos seus deseñadores, Jose Matteos, será o encargado do vestiario da presentadora, Susana Pedreira. Tamén con La Mapache que deseñarán o vestiario de Alana, e coa cineasta Nela Fraga, que creará unha peza audiovisual a partir de imaxes do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego. Os premios son obra, unha vez máis, da escultora Soledad Penalta.

Natividade González destacou que “queremos premiar o traballo dos nosos creadores e creadoras, celebrar que somos un país vivo, alegre e con moito talento, e que a nosa cultura está nun momento de gran relevancia internacional”.

A directora artística, Thais Suárez, explicou que a gala “renderá homenaxe ás creadoras e creadores, enriquecendo a cultura cunha mirada contemporánea”.

Pola súa banda, a xornalista Susana Pedreira salientou a “ilusión de presentar uns certames moi importantes para a cultura galega, por ser motor, alento e creación”.

A moda estará moi presente, xa que o vestiario de Alana correrá a cargo de La Mapache, que traballarán “neste concepto de novo tradi” creando as pezas a medida “inspirándonos no traxe tradicional galego, sobre todo nos cortes”. E usando, para o estampado “o gatipedro de Cunqueiro”.

Alana e Fran Sieira serán os encargados de dinamizar a gala coas súas actuacións, nunha xornada “na que haberá moitas sorpresas” tal e como adiantaron, engadindo que “achegaremos cousas que nunca fixemos”. Os integrantes de Alana agradeceron á Deputación a aposta “polos novos talentos” e tamén “ese lazo de unión e a comunidade que se crea entre nós”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.