A ARE celebra este venres 25 a gran festa da primavera e o comercio rianxeiro: Premi-ARE

23 Abril 2025

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) activou esta semana unha nova campaña para reivindicar o comercio e a hostalería locais ao tempo que se celebra a chegada da primavera: Premi-ARE. A iniciativa, que culmina este venres 25, destaca as importantes vantaxes de mercar e consumir en clave de proximidade e destaca o papel esencial do comercio e a hostalería de Rianxo para a actividade económica e social do concello.

A campaña inclúe un panel Premi-ARE no Paseo da Ribeira (18:00 – 21:00 h), onde teremos que presentar un tícket de compra realizado entre o 21 e o 25 de abril nun dos establecementos asociados á ARE e escoller unha flor do panel para descubrir o teu premio directo. Poderemos gañar mochilas, botellas reutilizábeis, bolsas ecolóxicas ou vales de compra para seguir apoiando os negocios locais.

Tamén haberá sorpresas nos establecementos asociados: durante todo o día do 25 de abril, os comercios participantes sorprenderán á súa clientela con agasallos, descontos especiais e accións únicas como mostra de agradecemento pola confianza depositada durante todo o ano.

Asemade, achegaranse actividades para toda a familia:

• Inchábeis @infantilandia.eventos nos Xardíns da Martela (17:00 – 20:00 h)

• Espectáculo do Mago @antonnoriega.magia no Campo de Arriba (20:15 – 21:15 h)

“Queremos invitar a toda a veciñanza de Rianxo a mercar no comercio local e participar na campaña”, sinalan dende a ARE, engadindo que “cada compra que fas nos nosos negocios axuda a fortalecer a economía da vila, a manter vivo o tecido comercial e a construír un futuro con máis oportunidades para todos e todas. Agardámoste este 25 de abril para celebrar xuntos a primavera, apoiar os negocios locais e desfrutar dunha xornada chea de vida, cor e ilusión”.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.