O Centro Arqueolóxico do Barbanza oferta actividades e visitas para os centros educativos

17 Marzo 2025

Dende o Centro Arqueolóxico do Barbanza anuncian a oferta dunha serie de actividades e visitas guiadas para centros de ensino. As inscricións para participar deben facerse a través da propia web do centro indicando a actividade desexada e o número de persoas.

Indo ás actividades ofertadas, o Centro Arqueolóxico boirense ofrecerán un obradoiro prehistórico:

Pequenos agricultores e artistas, recomendado para rapazada de 5 a 8 anos, sendo o obxectivo desta actividade introducir á rapazada na vida cotiá dos prehistóricos, centrándose na agricultura e o coidado do gando, fomentar a súa creatividade a través da arte rupestre.

Outra das actividades será un percorrido prehistórico nomeado Exploradores do pasado, orientado a rapazada de entre 8 e 12 anos, coa finalidade de dar unha visión máis detallada da Prehistoria recente da comarca do Barbanza, dende o Neolítico até a Idade do Ferro, con distintas actividades educativas.

Outra das visitas guiadas, recomendada para alumnado da ESO, é Descubrindo a nosa Prehistoria, e ten a finalidade de proporcionar ás persoas participantes unha comprensión profunda da Prehistoria recente da comarca do Barbanza, con énfase nos xacementos arqueolóxicos e as manifestacións culturais.

En canto ao alumnado de Bacharelato, ofértase unha visita guiada nomeada Investigando o Pasado Arqueolóxico do Barbanza e que busca dar unha visión exhaustiva e académica sobre os descubrimentos arqueolóxicos na comarca do Barbanza, cunha perspectiva que abrangue dende o Neolítico até a Idade do Ferro.

Alén destes destes programas específicos, dende o Centro Arqueolóxico do Barbanza realízanse tamén visitas guiadas aos Castro de Neixón (para distintas idades), ao Pazo de Goiáns ou á exposición etnográfica Mar de Boiro.

Para máis información sobre o programa escolar do Centro e as inscricións para participar cómpre visitar a páxina web do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.