Muros despide a Terbutalina na súa baixada (indefinida) dos escenarios

13 Marzo 2025

A banda Terbutalina, embaixadora no mundo do rock muradán, puxo o punto e final á súa carreira o pasado mes de febreiro cun concerto na sala La Madeleine, en Bruxelas, no marco da terceira edición do Festival Emigrason, escaparate europeo da música e a cultura galega. Nos días previos a este concerto Terbutalina anunciou unha pausa indefinida na súa carreira, logo de 16 anos de tralla incansábel, subindo dende 2010 aos escenarios de forma ininterrompida, “15 anos sacando boas cancións, disco tras disco, sen parar de tocar a nosa música en directo; centos de concertos, pogos, suor, sangue e algún que outro oso roto”, sinalaron os integrantes da banda no seu comunicado de despedida, recoñecendo que “ás veces as baterías tamén se esgotan, por iso queremos anunciar que Terbutalina vai parar de forma indefinida”.

O Concello de Muros, coincidindo con esta despedida indefinida dos escenarios, quixo render unha homenaxe a Terbutalina nas redes sociais, ao tempo que compartiu a súa esperanza en que “como pasa cos Stones, o seu adeus sexa definitivamente un ata logo”.

“Grazas pola vosa traxectoria, pola vosa música, por facelo na nosa lingua e por ser os mellores referentes de todos que colleron o voso legado”, aseguroiu a alcaldesa, María Lago, “seguidora de Terbutalina desde o comezo”.

15 anos de tralla

Despois de 15 anos de traxectoria, a banda Terbutalina de Esteiro (Muros) anunciou nas súas redes sociais unha parada indefinida. Desde 2010, o grupo subiu de forma ininterrompida aos escenarios e agora, “coas baterías pedindo un respiro, decidimos facer unha pausa na nosa andaina musical”, sinalaron os seus integrantes, agradecendo a conexión cos seareiros e a súa entrega: “Sinceramente, temos o mellor público que podiamos ter. Querémosvos moito e de seguro que vos imos botar de menos”, recoñecen os integrantes da banda no seu comunicado oficial”.

Ademais de agradecer ao seu público o apoio incondicional, Terbutalina quixo enxalzar o traballo de todas as persoas que fixeron posíbel a súa historia: músicos como Simón, Brais e Samu; colaboradores como Ovidio, Joki, Miguel600 e Gerardo; e, de forma especial, Tomás e Patricia, a quen consideran piares fundamentais do proxecto. Tamén quixeron destacar aos técnicos, camareiros, gardas de seguridade, bandas amigas e programadores que compartiron camiño con eles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.