Máis dun cento de persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura de Lousame para asistiren á conmemoración do Día da Muller

07 Marzo 2025

Máis dun cento de persoas encheron o auditorio da Casa da Cultura de Lousame para participar na actividade programada polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, este 8M. No acto participaron oitenta alumnos e alumnas da ESO do CPI Cernadas de Castro e unha ducia de integrantes da asociación inclusiva Misela, acompañados dos seus mestres e coidadores.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar a benvida á rapazada destacando que “levamos moitos anos traballando con vós, xa que a colaboración entre o colexio e o Concello é espectacular. Vós sodes o futuro. É certo que cada vez hai máis igualdade entre a muller e o home, pero isto ten que seguir mellorando e oxalá chegue o día no que non fagan falla este tipo de actividades porque iso significará que acadamos a igualdade real”.

Manifesto institucional

Tras unha breve intervención do profesorado do CPI Cernadas de Castro, Agrafojo procedeu a dar lectura ao manifesto institucional do Concello de Lousame polo 8 de Marzo. Unha lectura á que asistiron os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras Públicas, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces; así como os voceiros do grupo municipal socialista, Juan José Prego, e do grupo municipal do BNG, Anxo Moledo.

Silvia Agrafojo puxo en valor “a incuestionábel achega das mulleres á sociedade ao longo da historia, aínda que ás veces semelle invisíbel, e o que queremos poñer de manifesto nesta data é o noso convencemento de que as cousas poden e deben cambiar. O Concello de Lousame traballa pola erradicación da discriminación e a equidade de xénero”. Neste sentido, destacou que “é fundamental a colaboración da comunidade educativa e fomentar a formación dos profesionais da educación en materia de igualdade e prevención da violencia entre os máis novos”.

O acto rematou coa proxección da película Matria, película galega de 2023 dirixida por Álvaro Gago e que recolle a vida de mulleres fortes e traballadoras. Esta iniciativa estivo organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro e o Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.