A Xunta de Galicia reforza a formación para o sector marítimo-pesqueiro con 1,5 millóns de euros

05 Marzo 2025

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, impulsa a formación no sector marítimo-pesqueiro cunha inversión de 1,5 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O obxectivo é mellorar a competitividade do sector e as condicións laborais dos traballadores.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anunciou este investimento durante a súa visita á Confraría de Noia, onde se está a desenvolver a acción formativa de Patrón Local de Pesca-Máquinas. No marco desta iniciativa, en 2025 impartiranse 97 formacións que beneficiarán a centos de profesionais. No 2024 xa se realizaron oito accións formativas, con cursos de mariñeiro-pescador e mariscador-percebeiro, nos que participaron 50 e 49 alumnos, respectivamente.

A Confraría de Noia, referente na comercialización de berberecho

A Confraría de San Bartolomé de Noia, que abarca os concellos de Noia e Outes, conta cunha ampla comunidade de profesionais do marisqueo. Con aproximadamente 1.250 membros entre armadores, tripulantes e mariscadores, ademais doutros 200 procedentes de Portosín, Porto do Son e Muros, esta entidade desempeña un papel clave na economía local.

A confraría comercializa exclusivamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis destacada. Máis do 70% do berberecho vendido en Galicia provén das lonxas que administra en Testal e O Freixo. Ademais, é a única confraría galega con criadeiro propio, garantindo a rastrexabilidade do produto. Os berberechos comercializados baixo a Marca Colectiva Berberecho de Noia destacan pola súa orixe certificada, a pesca artesanal e sostible, e a calidade garantida ao ser extraídos no momento óptimo para o consumo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.