A USC leva a Rianxo media ducia de actividades formativas para as persoas maiores de 50 anos

11 Marzo 2025

Rianxo volverá estar no radio de acción do proxecto Camiños de Coñecemento e Experiencia impulsado pola Universidade de Santiago coa colaboración dos Concellos e co obxectivo de achegar formación a persoas maiores de 50 anos sen necesidade de achegárense a Compostela. Trátase dun proxecto abeirado ao Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, que no caso de Rianxo ofrece tres seminarios e dúas sesións cada un: media ducia de accións dirixidas a completar a formación das veciñas e veciños maiores de 50 anos e que se impartirán no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo.

Programa

Mércores 02/04/2025 16:30-18:00h
Os pazos: un microcosmos de antano
José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Xoves 03/04/2025 16:30-18:00h
Especies arbóreas na terra do Barbanza
Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

Venres 04/04/2025 16:30-18:00h
Especies arbóreas na terra do Barbanza
Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

Martes 08/04/2025 16:30-18:00h
Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC

Mércores 09/04/2025 16:30-18:00h
Os pazos: un microcosmos de antano
José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Venres 11/04/2025 16:30-18:00h
Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC

Inscricións e máis información

Para máis detalles ou para formalizar a inscrición, podemos contactar co número de teléfono 981 100 688, por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal, ou acudir presencialmente ao Auditorio. Ademais, tamén é posíbel formalizar a inscrición a través do formulario en liña habilitado.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.