A edición 2025 do programa formativo da USC para os maiores de Ribeira vén con media ducia de cursos

17 Marzo 2025

O Concello de Ribeira informou da apertura do prazo de matrícula para inscribirnos nas actividades que realiza a Universidade de Santiago para formar ás persoas maiores de 50 anos do termo municipal, a través do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia (IV Ciclo da USC). As persoas de máis de 50 anos que queiran facer a matrícula (gratuíta) neste novo programa de formación poden facelo ata o día 11 de abril no Centro
Cultural Lustres Rivas, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, tamén por vía telefónica 981835650 no mesmo horario, ou por correo electrónico a
normalizacion@ribeira.gal indicando o nome e apelidos, DNI, lugar de residencia e un teléfono de contacto.

O programa está dirixido a persoa maiores de 50 anos. Desenvolverase os días 14, 21, 24, 25 e 28 de abril e 8 e 15 de maio, en horario de tarde (de 16.30 a 18.00 h) no Centro Cultural Lustres Rivas. As inscricións poden facerse a través do correo normalizacion@ribeira.gal ou no 981 835 650 (de luns a venres de 9.00 a 14.00 h).

O proxecto

Este proxecto está promovido pola USC en colaboración co Concello de Ribeira, que chegan desta volta á novena edición do programa. Estas xornadas de estudo universitario para persoas de máis de 50 anos contribúen á posta en valor e democratización do coñecemento, que son unhas das finalidades fundamentais do IV Ciclo da USC nun chamamento á formación continua tamén fóra das cidades universitarias.

Programa

14/04/2025 16:30-18:00h

Participación social e comunitaria, para que?

Ivan García, profesor colaborador do Programa Universitario de

Maiores, IV Ciclo da USC

21/04/2025 16:30-18:00h

Participación social e comunitaria, para que?

Ivan García, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

24/04/2025 16:30-18:00h

Especies arbóreas na terra do Barbanza

Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo

28/04/2025 16:30-18:00h
A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión.

María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo e Lusine Grigoryan Zohrabyan, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo

08/05/2025 16:30-18:00h

Especies arbóreas na terra do Barbanza.

Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo

15/05/2025 16:30-18:00h

A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos
instrumentos de percusión.

María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo e
Lusine Grigoryan Zohrabyan, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.