María Jesús Lorenzana aborda coa patronal de Ribeira a organización da VIX Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

21 Marzo 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse este venres 21 de marzo coa Asociación de Empresarios de Ribeira, para abordar a celebración da VI Feira do Automóbil Híbrido & Eléctrico que recolle cada ano o municipio ribeirense. No encontro, a conselleira puxo en valor este tipo de iniciativas e insistiu na importancia da mobilidade eficiente e sustentábel, “que é un dos sete eixes da Axenda Enerxética de Galicia 2030 con accións encamiñadas ao fomento do uso de fontes de enerxía renovábel no transporte, o fomento do vehículo eléctrico ou a promoción dunha mobilidade respectuosa co medio ambiente”, sinalou.

A Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico da patronal ribeirá xunta cada verán as principais marcas do sector coas súas grandes novidades en materia de nova mobilidade. Na última edición, celebrada entre o 14 e o 16 de xuño, participaron as seguintes marcas (un total de catorce): Opel, Jeep, Fiat, Citroën, Peugeot, Audi, BMW, Toyota (Compostela Móvil), Lexus (que se incorpora por vez primeira na Feira ribeirense), Mercedes, Kia, Skoda, Ford e Hyundai.

Segundo explicou a asociación, a feira é unha oportunidade inmellorábel para coñecer as grandes novidades do sector e os máis relevantes lanzamentos actuais e futuros das principais marcas do motor. “Todo indica a que o parque deste tipo de vehículos híbridos e eléctricos nas nosas vilas e cidades será maioritario nos próximos anos, polo que unha vez máis queremos achegar á cidadanía unha canle directa a estes vehículos, coa posibilidades de coñecer de primeira man todos os seus detalles”, indicou a patronal.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa Asociación de Empresarios de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.