“Un descendente de migrantes expulsa de USA a aqueles que queren ser coma el”. Antón Luaces

08 Febreiro 2025

Donald Trump asume o seu segundo mandado coma presidente dos Estados Unidos de América do mesmo xeito que o podería facer unha manda de bisontes: en escorrentada e sen contemplacións e tendo en conta, exclusivamente, a cor zanoria que lle cubre a pel e a crina coa que entolda a parte do seu corpo situada riba dos hombreiros que, entre a xente normal, se denomina cabeza e que non teño claro poder adxudicar a este fillo da migración nado no país que outra volta goberna. 

Casado con outra migrante á que non ousa botar da nación na que ambos os dous residen coas súas familias, non aplica na contorna propia as leis que sí fai cumprir ás persoas chegadas a USA para traballar e, de paso, mandar uns dólares á familia que quedou para facer que sobrevivan (e desto sabemos moito en Galicia) as esencias de ser o que se  é ou foi.

A nai de Trump, escocesa, chegou a Estados Unidos con 50 dólares no peto e traballou arreo coma limpadora sen que ninguén movera un dedo para a devolver ao seu país de orixe, como agora fai o seu fillo. 

Donald Trump coñeceu mellores tempos: naceu en Nova Iorq, en 1946. É un empresario multimillonario que senta cátedra como o primeiro presidente de EU que detenta tal cargo malia ter unha trintena de importantes contas impagadas coa xustiza do país no que outra volta goberna. Posuidor dunha fortuna estimada en 7.700 millóns de dólares, non permite coa súa actuación como presidente que outros cidadáns poidan seguir traballando nunha nación que se fixo grazas aos emigrantes e que ten un número insignificante de nativos aos que a propia Constitución estadounidense recoñece indirectamente como  insuficentes para levantar o país, misión que en grande medida deixa nas mans dos que saúdan á Estatua da Liberdade como a deusa de todas as liberdades que Donald Trump e todos os seus negacionismos impiden practicar aos non nados no “paraíso” dos privilexios. 

 Cansos de contribuir a que Israel masacre ao pobo palestino, Trump pretende agora un parto intrahuterino  que dará como resultado que a franxa de Gaza se convirta no paraíso dos norteamericanos e os israelitas, transformando canto destruiron as bombas destes nunha sucesión continuada  de resorts só ao alcance de persoas alleas á terra que outros novos ricos

desfrutarán á beira do mar. 

O peor de todo é o que esas ideas “trumpistas” contaxian a causa da contaminación expansiva. 

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.