Prospera a moción de censura de Outes impulsada polo PP co apoio do edil expulsado do PSOE

25 Febreiro 2025

Finalmente e tal e como se se supuña, prosperou en Outes a moción de censura impulsada polo PP co apoio de até o de agora responsábel local do PSOE, Antonio Caamaño, integrante do equipo de Goberno local até este inicio de ano e na actualidade expulsado do seu partido tras ser declarado concelleiro tránsfuga. Trala aprobación da moción no pleno do mediodía deste 25 de febreiro, Francisco Calo, do PP, é xa o novo alcalde do Concello de Outes. Na sesión Tono Caamaño foi recibido con apupos de “traidor” por parte da veciñanza.

No pleno, ao que asistiron un centenar de veciños e veciñas, non serviron de nada as probas irrefutábeis do até o de agora equipo de Goberno (formado por Compromiso por Outes e BNG) nas que se desmentían os argumentos de suposta inacción achegados polo PP e o PSOE para facer caer o Goberno de Manolo González. Este recriminou o papel xogado por Antonio Caamaño “polo espectáculo ofrecido por unha parte da corporación que remata con esta legal pero infame moción de censura”.

Pola súa banda, o novo alcalde, Francisco Calo, criticou ao Goberno saínte pola situación actual do Concello, “gobernado por un alcalde que non contaba co apoio da Corporación”. Isto, dixo, só podía levar a Outes “á inoperancia e á inestabilidade”.

Anxo Núñez, até o de agora tenente de alcalde e voceiro do BNG, sinalou os días pasados que esta moción de censura demostra ás claras que “o único que demostran dende o PP é que lles vale calquera cousa para chegar á alcaldía, se non lles chegan os votos de dereitas, mercan os dos que votaron ó PSOE”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.