O servizo de contedores para recollida de téxtiles no municipio de Boiro recolleu 42.785 quilos de roupa e calzado no ano 2024

04 Febreiro 2025

O Concello de Boiro recolleu no ano 2024 un total de 42.785 quilos de roupa mediante o servizo de recollida que se leva a cabo xunto con Cáritas de Santiago cos contedores instalados en diversos puntos do termo municipal.

O servizo de recollida de roupa comezou en Boiro no ano 2020 logo da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para a colocación de contedores coa finalidade de recoller e tratar o residuo téxtil. Nun primeiro momento habilitáronse cinco recipientes que, debido á gran acollida, incrementáronse ata os seis dos que se dispón na actualidade instalados na praza da Mancomunidade, na Igrexa de Santa Baia de Boiro, na rúa Principal e na estrada xeral de Cabo de Cruz e Escarabotiño.

En canto á rastrexabilidade dos residuos recibidos, un 50% dos mesmos son roupa e calzado reutilizábel e un 38% de reciclaxe, aquela roupa ou calzado non reutilizábel pero que se pode transformar para volver a usar. A recollida deste ano supón un incremento co recollido no ano 2023, que foi de 39.374 quilos.

Todo o material recollido nos colectores instalados é trasladado á planta da que dispón a empresa xestora para a súa clasificación segundo o destino final. Aqueles residuos que non poden ser reusados son tratados cun xestor integral de residuos para a súa reciclaxe e a reutilizábel clasificase.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.