O Concello de Noia traballa na mellora dos viarios de San Breixo e O Couto

14 Febreiro 2025

Na recta final desta semana proseguiron en diferentes núcleos de Noia os traballos impulsados polo Concello para mellorar servizos e incrementar a accesibilidade e a seguridade. Desta volta o Concello puxo o foco en Castro Lampreeiro (traballos dos que falamos hai uns días neste medio) e máis na reparación do pavimento entre San Breixo e O Couto, proxecto que leva consigo un investimento de máis de 48.000€.

En palabras do Concello trátase “dunha actuación clave para reforzar a seguridade viaria nunha zona moi transitada”.

Nas vindeiras semanas prolongaranse os traballos de posta punto dos núcleos a Ousoño e Albariza, segundo confirmaron o alcalde Santiago Freire e a concelleira Laura Salgado, que visitaron as zonas de Castro Lampreeiro, O Couto e San Breixo para comprobar o avance das tarefas desenvolvidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.