Avanzan as obras para a mellora do rueiro e os servizos básicos en Castro Lampreeiro (Noia)

12 Febreiro 2025

O Concello de Noia informou do desenvolvemento dos traballos encamiñados á mellora do rueiro e dos servizos básicos no núcleo de Castro Lampreeiro, en Santa María de Roo, traballos que comezaron os días pasados e que van dirixidos a mellorar a accesibilidade, a seguridade e os servizos. Inclúese o pavimentado e máis a colocación de saneamento e pluviais.

Na mañá deste martes 11 de febreiro o lugar dos traballos foi visitado polo alcalde Santiago Freire e máis a concelleira de Obras, Laura Salgado, que acudiron para coñecer de primeira man o avance das tarefas. Durante a visita, mantiveron un encontro cos veciños, a empresa e a dirección de obra.

Cun investimento de 180.000€, “esta actuación permitirá mellorar a accesibilidade e poñer en valor este núcleo tradicional na contorna da central hidroeléctrica do Tambre”, sinalaron.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.