O BNG acada o apoio no Parlamento para que a Xunta actúe para evitar máis medidas gravosas para a frota da anguía

18 Febreiro 2025

O BNG vén de acadar o apoio unánime no Parlamento para que a Xunta actúe ente o Estado e ante Europa coa finalidade “de evitar medidas gravosas novas para a frota da anguía”, despois da intención da Comisión Europea de incluíla no apéndice I de Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES), o que, segundo fixo saber o BNG na súa proposta, “implicaría a declaración de extinción da especie e a súa prohibición definitiva de comercialización”.

A deputada Rosana Pérez defendeu a iniciativa na Comisión 8º, onde pediu que, se os informes favorábeis sobre a poboación de anguía en Galiza “non son aparentemente negativos”, sexan enviados, tanto aos grupos parlamentarios da Cámara galega como a todos os organismos “que faga falta”, mesmo levándoos en man”, apuntou, para “facer valer eses informes diante do Goberno español e da Comisión europea”.  

A iniciativa tamén pedía reclamar ao goberno do Estado e á UE todos os informes científicos nos que se basearía a proposta de inclusión da anguía no apéndice I de CITES, así como a planificación e aprobación das medidas necesarias para “paliar a situación económica e social á que se pode ver abocada a frota galega desta especie no caso de se aprobar definitivamente no mes de novembro”. Esta medida suporía para a deputada nacionalista “un novo golpe” para a frota galega, que se vería afectada pola xestión inadecuada da pesca da anguía noutros países europeos.

O BNG, con esta proposición non de lei, buscaba tamén protexer o sector pesqueiro galego, que, segundo dixo a parlamentaria da Pobra do Caramiñal, veríase “seriamente afectado se as medidas da Comisión Europea se materializan”, e solicitar á Xunta e ao Goberno español que presenten os informes científicos que fundamentan a decisión da UE, así como a adopción de medidas para mitigar os prexuízos socioeconómicos derivados dunha posíbel declaración de extinción.

Na súa exposición, a responsábel de Mar do BNG lembrou que  o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea adoptou en decembro de 2022 a decisión de aumentar a veda da anguía de tres a seis meses, medida que entrou en vigor no ano seguinte. “Esta decisión tivo un impacto moi negativo para as arredor de 50 embarcacións galegas dedicadas á pesca desta especie, especialmente na ría de Vigo, onde a captura de anguía representa unha fonte importante de ingresos para os naseiros de Pontesampaio, Arcade, Cesantes, Redondela e Vilaboa, entre outros, así como noutras rías como as de Pontevedra, Ferrol e Arousa”, sinalou.

Pérez lembrou así mesmo que Galiza xa estaba sometida a unha veda anual de tres meses debido “á mala xestión da especie en outros países europeos” e que a medida de ampliación da veda, adoptada en 2023, “sorprendeu malia que os plans de xestión de anguía no noso país levaban anos en equilibrio”, indicou.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.