Este domingo, Santa Polonia, o país situarase nunha área intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do suroeste que achegarán moita humidade. Como consecuencia, espérase unha xornada de ceos cubertos e precipitacións de pouca intensidade, que poderán producirse en calquera momento do día, sendo máis frecuentes na metade sur do territorio.
As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios ou con lixeiros aumentos. O vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

O noso mar: Vento do sur, forza 2 a 4. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove