Aprobada a declaración de “innecesariedade” de terreos portuarios da Pobra para facilitar a súa transferencia ao Concello

06 Febreiro 2025

O Consello Reitor de Portos de Galicia aprobou a declaración de “innecesariedade” de “terreos portuarios que non rexistran actividade portuaria en oito municipios”. Esta declaración establece as bases para a súa reversión á Administración Xeral do Estado de xeito que esta poida transferilos aos concellos interesados en asumir a titularidade deste solo de uso público veciñal.

Esta declaración de “innecesariedade” afecta a terreos dos municipios de Foz, Ponteceso, A Pobra do Caramiñal, Cambados, Vilanova de Arousa, Bueu, Cangas e A Guarda. Para delimitar o solo susceptíbel de reverter no Estado, Portos de Galicia celebrou reunións con todos os alcaldes dos concellos afectados a fin de acordar a proposta en base a criterios estritamente técnicos que foron ademais consensuados coa FEGAMP. A xuntanza co Goberno da Pobra levouse a cabo este pasado mes de xaneiro, tal e como informamos neste medio.

Con esta declaración Portos de Galicia dá por rematados os trámites da súa competencia dentro do procedemento de reversión dos terreos incluídos na primeira fase, que inclúen, ademais dos declarados innecesarios, o porto de Santa Cruz, en Oleiros, na súa totalidade, que xa cumprimentara este trámite con anterioridade. A proposta conxunta de reversión de terreos nos nove portos trasladarase agora á Consellería de Facenda, que, tras a súa análise patrimonial, a elevará ao Consello da Xunta. Unha vez aprobada polo Executivo galego, remitirase ao Goberno central para a súa tramitación e, no seu caso, aprobación final en Consello de Ministros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.