Portos e A Pobra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria

10 Xaneiro 2025

Portos de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal mantiveron unha xuntanza de traballo dirixida a ampliar e mellorar as competencias da Administración local sobre os terreos lindeiros coa contorna marítima da vila. As dúas entidades acordaron a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos declarados innecesarios para a dita actividade. Na reunión celebrada este venres 10 de xaneiro na sede de Portos, participaron o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde da Pobra.

No encontro de traballo ambas administracións consensuaron a delimitación do solo susceptíbel de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello da Pobra do Caramiñal dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria. A proposta acordada baséase en criterios estritamente técnicos que foron ratificados coa FEGAMP na recente reunión entre o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias.

En concreto no caso do porto da Pobra, os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello son os que acollen os xardíns Valle Inclán, a Praza Maior e o Parque do Castelo. Así mesmo únese unha pequena zona de uso de aparcadoiro a petición do Concello.

A reunión co Concello da Pobra do Caramiñal dá continuidade ás celebradas no mes de decembro cos concellos de Cangas, Vilanova de Arousa, Foz e a A Guarda, para abordar a tramitación da primeira fase de reversións de terreos innecesarios para o uso portuario á Administración Xeral do Estado. O obxectivo é pechar as propostas definitivas destes portos para trasladalas, xunto coa de Santa Cruz, en Oleiros, á Consellería de Facenda, que a elevará a proposta conxunta desta primeira fase ao Consello da Xunta. Unha vez aprobada polo Executivo galego, remitirase ao Ministerio de Transición Ecolóxica para a súa tramitación e, no seu caso, aprobación final en Consello de Ministros.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...