Rois aproba a conta xeral de 2023 cos votos a favor do goberno e a abstención da oposición

20 Xaneiro 2025

A Corporación de Rois aprobou esta mañá a conta xeral do exercicio 2023, nun pleno extraordinario, cos 7 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención da oposición, PSdeG (2) e BNG (1).
A conta xeral xa fora debatida na Comisión Especial de Contas do Concello a principios do mes de decembro, na que tamén fora ditaminada favorablemente cos votos a favor do PP e a abstención do PSdeG. Despois de estar durante 15 días a exposición pública sen recibir alegacións, esta mañá o Pleno da Corporación aprobouna definitivamente.

O pleno de Rois aprobou esta mañá en sesión extraordinaria a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2023, cos votos a favor do PP (7) e a abstención da oposición (2 do PSdeG e 1 do BNG).

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...