O Son acolleu a xuntanza de constitución da súa Mesa Local contra a Violencia de Xénero

27 Xaneiro 2025

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu o pasado venres, 24 de xaneiro, a xuntanza de constitución da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero, dirixida por Exeria Proxecto.

Dita mesa, na que se traballa para perfilar o protocolo de intervención municipal do Concello de Porto do Son en casos de Vioxen, constitúe unha ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais: político, social, sanitario, educativo, corpos e forzas de seguridade, así como tamén outros axentes implicados, directa ou indirectamente, na loita contra as agresións machistas, co obxecto de procurar unha maior eficiencia de todas as actuacións a tal fin.

O Concello explicou que a súa natureza interinstitucional “facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio”.

O grupo constitucional foi citado para unha vindeira reunión, o 4 de abril, na que seguir abordando a vixente temática principal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.