Homenaxe a Francisco Lorenzo Mariño na XX Semana Cultural que leva o seu nome

19 Xaneiro 2025

Esta din de semana tTivo lugar un dos actos centrais da XX Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, coa tradicional Ofrenda Floral no cemiterio de San Vicente de Noal, en Porto do Son, diante da tumba onde repousan os restos mortais do que foi párroco fundador de Aguiño en 1959. Este ano cúmprense 21 anos do seu pasamento, ocorrido o pasado 16 de xaneiro de 2004.

Durante a cerimonia, o vicepresidente da asociación organizadora, Unai González Suárez, foi o encargado de ler o manifesto en lembranza do homenaxeado. O acto incluiu a ofrenda dun ramo de 21 rosas vermellas, acompañado da bandeira de Galicia e dunha vela que simboliza o espírito aceso que guía o labor da asociación. A música das gaitas interpretou a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego, tras o cal rezouse a oración do Noso Pai polas almas de Francisco Lorenzo Mariño e de todos os que descansan no cemiterio.

A xornada continuou coa celebración da Misa do 21º aniversario na Igrexa Parroquial do Carme de Aguiño, seguida por un espectáculo de humor titulado “Dúo Vaguedades”, protagonizado por Isa Risco e Fran Rei, no conservatorio de Aguiño.

Os actos súmanse á intensa programación cultural desenvolvida nesta semana. Destacaron as intervencións de X.M. Fernández Pazos sobre o naufraxio do Santa Isabel a historia e as lendas de Sálvora, de X.M. Vilas Álvarez polo 5º aniversario do Xuventú Aguiño, e do alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, quen, xunto ao vicepresidente da asociación, inaugurou oficialmente esta edición.

Durante o acto recoñeceuse ás empresas que apoian a actividade da Asociación Cultural e permiten a celebración das súas actividades.

A música correu a cargo do grupo de cantareiras As Sete Linguas, que encheron a xornada de emoción e tradición.

Con este amplo abano de actividades, a Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño continúa consolidándose como unha cita imprescindible para honrar a memoria dun home que deixou unha fonda pegada na historia cultural e social de Aguiño.

 MANIFESTO QUE SE LEEU NA OFRENDA FLORAL NO SON NO MARCO DOS ACTOS DA XX SEMANA CULTURALl FRANCISCO MARIÑO

Ofrenda Floral e Manifesto 2025 Querido Don Francisco. Dende fai xa vinteun invernos, cada mes de xaneiro xuntámonos aquí algúns amigos e amigas en nome de moitos outros para recordarche que aínda te queremos e te botamos de menos. O longo destes anos pasaron moitos malos tempos, tamén houbo tempo de calma, e sobre de todo moitos comentarios de xente que en vida che quixo moito e que unha vez faltabas de onda nos, se esqueceron dese inmenso amor que che profesaban tan só coa escusa de deixarche descansar en paz. Todos nos sabemos e somos coñecedores que a ti non che gustaban nin a pompa nin o boato. E sabémolo porque moitos dos que aquí se atopan acompañáronche ata os últimos momentos sen sequera mirar as agullas do reloxo.
Don Francisco, ti sabes que estamos de aniversario, dúas décadas xa de traballo a través da asociación que leva o teu nome e que non é só
homenaxe, senón que é crear cultura para o pobo, e dende o pobo, cas portas abertas a todas aquelas persoas que queiran compartir as súas
inquedanzas e aportar o seu gran de area, máis de trescentos socios e milleiros de persoas ao longo do ano participan das actividades que
organizamos. Ese é o noso recoñecemento a ti, non deixar no esquecemento tantos anos loitando polo propio, pola cultura propia.
Tamén a nosa laboura é reivindicación, social e política, defensa dos intereses da veciñanza como ti sempre fixeches e como nós fixemos ao
longo deste tempo con temas de interese como a defensa do litoral, a depuradora, a dirección única da rúa que leva o teu nome ou agora a
sanidade, apoiando a ese grupo de veciñas e veciños que cada venres se concentra demandando unha sanidade pública de calidade e non imos parar
ata que se consiga; 2600 sinaturas onte para o Conselleiro reclamando ese dereito e concentracións todas as semanas, chegar a onde faga falta e aí
están abanderando a loita as directivas da nosa asociación.
A defensa do idioma, da lingua galega como identidade propia foi outra das túas teimas, fuches o primeiro párroco en misar en galego de
diario, non por fantochadas senón porque defendías que había que falar á xente na súa lingua como Xesús falabar arameo e non xudeu nin latín. Hoxe
as estatísticas do idioma son desalentadoras e compre máis que nunca promover e defender a lingua para que non esmoreza e dende esta
asociación, como sempre fixemos, seguiremos a traballar organizando actividades literarias, publicacións, espectáculos… integramente no idioma
do país.

Ti edificaches, xunta a outros veciños e veciñas o pobo de Aguiño a partir da túa chegada no outono do 1959; empezando polo primeiro
templo que foi o actual local parroquial, seguindo pola igrexa e a reitoral, o campanario… xa coa valentía de poñerlle a bandeira e o escudo de
Galicia no campanario, coma un facho de liberdade e galeguidade e que che trouxo algún tirón de orellas por parte do gobernador civil e o
arcebispo Quiroga Palacios. Pero tamén coa túa man contribuíches a tecer a identidade social do pobo, co club do que onte celebrábamos co seu
presidente XM Vilas, o 50 aniversario; o campo da Tasca co deseño do seu escudo, o grupo escolar, a lonxa vella, a casa da cultura, o mercado
municipal –hoxe conservatorio- e rúas, asociacións, festas… todo leva a túa pegada xunto á de moitas veciñas e veciños que te acompañaron nesta
iniciativa para axudar a medrar ao noso pobo, hoxe tamén a todas e todos eles os queremos lembrar e agradecer a súa achega no pasado para gozar
hoxe no presente de tan maxestual, á vez que ingrata e non recoñecida laboura e o maior agradecemento é o noso compromiso de loitar para
preservar este legado.
Onte, no transcurso da xornada cultural que daba comezo a estes actos falaba Fernández Pazos da historia de Sálvora e das heroínas e os
heroes rescatando do esquecemento ao capitán do que se dixo de todo, aos maquinistas que morreron evitando que estalara a máquina, aos
oficiais que non abandonaron o vapor ata o último momento tirándose ao mar, aos sacerdotes que se negaron a subir ao bote salvavidas para seguir
dando o perdón in extremis a todo o que o solicitase, aos veciños da aldea como Caneda ou Parada que capitaneaban outra dornas de rescate, aos
tripulantes do Rosiña, ás traíñas como a Virxe do Carme que se botaron ao mar dende Ribeira para entre todas e todos rescatar a esos 53
superviventes dos 266 que ían abordo.
Falaba tamén Vilas da historia do club, do Xuventú Aguiño, dos equipos que ten, os títulos gañados, da escola de fútbol base, de que fomos precursores no equipo feminino, sempre abandeirando loitas enigualdade e progresismo da man de Matilde Alonso ou Peleteiro. Unha
xornada que pechaban o noso grupo tradicional, as Sete Linguas, que foron a primeira homenaxe da nosa entidade a este 2025 dedicado nas
Letras Galegas ás Cantareiras, porque as nosas cantareiras son un orgullo que sempre levaremos con fachenda.

Non debemos esquecer as malditas guerras, a de Ucraína e a de Palestina, o primeiro apoiado por occidente e o segundo esquecido e
repudiado, que diferentes son as cousas para uns e para outros en función do poder e o diñeiro; dende a nosa asociación apoiamos a súa causa frente ao totalitario e imperialista Israel, tamén a situación do Sahara abandonada xa por España á súa sorte fronte a un Marrocos cada vez máis autoritario e perigoso ao que hai que facer concesións inxustificables. Apoiamos tamén aos damnificados pola DINA en Valencia, mandando axuda a través de Pegasus recadando 750 € de donativos na mostra de teatro que dende o seu comezo en 2009 ten ese carácter solidario e seguiremos nesta liña de reivindicación, de protesta, de loita fronte ao autoritarismo, ao totalitarismo e sobre todo fronte á desmemoria dun pobo que fai só medio século deixou morrer a un ditador con honores na súa cama. Nin Meloni, nin Trump, nin Le Pen, nin Abascal pero tampouco Maduro, Miguel Díaz-Canel, Ali Jamenei, a democracia, a liberdade, a tolerancia, a igualdade e a solidariedade son os valores que nos diferencian deles e que sempre dende a nosa asociación defenderemos.
Cada ano, chova ou vente, haxa friaxe ou calma chicha –como din os nosos mariñeiros- estamos aquí neste camposanto para acompañar aos teus
restos mortais, unha maneira de facer público o agarimo e a gratitude que che temos. Pero tamén nos atopamos ante ti para seguir o camiño que ti
ensinaches, da protesta respectuosa pero firme, porque ti nunca calaches ante ninguén, nunca tiveches medo a afrontar a inxustiza pesara a quen pesara, a reclamar a igualdade, e a clamar contra o abuso. Dende a asociación, co eco da túa voz, denunciamos tamén a inxustiza, a desigualdade, a discriminación ou calquera abuso que os poderosos, sexan quenes sexan, faga da xente boa e xenerosa, dos humildes, dos traballadores, das mulleres, dos maiores, dos cativos… porque sempre en nós terán o apoio e a solidariedade que ti repartiches ao longo da túa existencia.
Tamén aquí, dos nosos e entre nós se precisa axuda e solidariedade; aos que se quedaron sen o seu fogar, aos que lles faltaron os seus aforros de toda unha vida, aos que deixaron sen traballo… aos que están pasando fame e dormen na rúa ou de prestado, aos que por non poder pagar non teñen luz nin calefacción para quentarse, non teñen libros para a escola dos seus fillos, nin comida, nin medicamentos para sandar… esas veciñas e veciños que onte eran coma nós e hoxe o están pasando mal e por iso colaboramos con Cáritas na andaina solidaria Heroínas de Sálvora ou coa Asociación contra o Cancro na súa andaina de outono; por iso a mostra de teatro é solidaria e por iso estamos abertos a calquera colaboración que de nós se requira neste eido e de xeito anónimo colaboramos durante o ano con esta causa.

Agradecemos tamén a Alfonso, párroco de Aguiño xunto a Sidonio e Silvestre a súa labor na parroquia e pedímoslles que teñan máis en conta o noso idioma, a comunidade e a singularidade dun pobo como o noso aínda que entendemos que a atención que lle poden prestar á parroquia hoxendía, coa grave falta de sacerdotes, non é a que fai anos se podía dedicar e iso limita moito a súa labor.
Nos últimos tempos tamén marcharon de onda nós moitos amigos e amigas que sabemos estarán por onde ti andas, a todos eles lembramos
con agarimo en diversas ocasións, así como a tantos outros homes e mulleres, seres queridos de cada un de nós, grandes persoas na súa
humildade e sinxeleza diaria, familiares e amigos, descoñecidos ou veciños cuxo recordo rememoramos a cada instante, para que o seu paso
por este mundo non resulte estéril e si fecundo e farturento e aos que imos lembrar tamén dedicándolle, xunto a ti a oración do Noso Pai que
rezaremos como sempre fixemos.
Neste camposanto queremos facerte novamente o agasallo máis sinxelo, unhas flores e unha gaita ó son da Marcha do Antigo Reino de
Galicia e do Himno Galego, pero tamén o noso sentimento, de perda, de tristura por un lado, pero de esperanza e de ilusión polo outra banda, da
esperanza que se alcanza co esforzo e co traballo, coa sinceridade e coa sinxeleza de quen é un grande persoeiro sen nunca querelo.
Axúdanos a seguir adiante, a non ser covardes nin comulgar co poder dos cartos. Axúdanos a ser mellores persoas, mellores galegos e
mellores crentes, a ser irmáns e veciños na esperanza e na unión dun pobo que non ficará morto senón que seguirá facendo historia como a
fixo contigo. De seguro que as de estar á dereita do que está á dereita do Pai, con outros bos e xenerosos, arranxando os males do mundo… Nós
non te esquecemos, ti tampouco nos esquezas. Grazas Don Francisco.

O Son – Aguiño, 18 de xaneiro de 2025
Unai González Suárez
Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...