Boiro comeza o ano con novos cursos de formación en novas tecnoloxías

02 Xaneiro 2025

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vai comezar 2025 con máis formación tecnolóxica para a capacitación dixital da cidadanía de todas idades. Farao ofrecendo novos cursos de formación en novas ferramentas para este mes de xaneiro que vén de comezar. As inscricións están abertas e poden facerse no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

A primeira das formacións que se leve a cabo durante este mes será a de Inicio á informática, que se vai desenvolver entre o 8 e o 16 de xaneiro; tamén se vai levar a cabo unha formación de Inicio á rede Internet, que será entre o 20 e o 23 de xaneiro; e Inicio ao correo electrónico, do 27 ao 30 de xaneiro. Todas as formacións serán de 10.00 a 12.00 horas.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo aula de referencia dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxías durante todos os meses do ano.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...