A rúa Peonil de Boiro vai servir de escenario este sábado 28 de decembro para un concerto para público adulto: The women voices of rock n roll, unha a actuación de Virtual Project na que se rende homenaxe ás grandes figuras femininas do rock das pasadas décadas. Trátase dunha cita abeirada á axenda de actividades culturais e de lecer de Nadal do Concello de Boiro. Será a partir das 21.00 horas e en caso de chuvia trasladarase ao local multiusos da Praza de Abastos. A cita deste sábado será a derradeira actuación da banda de rock neste ano 2024, e, segundo adiantan dende as redes sociais, será unha actuación para dicirlle adeus ao ano “como se merece”.




