Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

01 Decembro 2024

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza.

Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira.

Dez minutos despois das 11 horas, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía no quilómetro 4 da AC-302, na parroquia de Oleiros. No interior viaxaban dúas mulleres que eran incapaces de saír polo seu propio pé.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias trasladaron esta información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, á Garda Civil de Tráfico, ao GAEM e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira.

Cando chegaron, os Bombeiros de Ribeira auxiliaron ás feridas e as axudaron a saír do vehículo accidentado. Finalmente, foron evacuadas en ambulancia polo persoal sanitario.

Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

O BNG de Padrón denuncia “a supresión de servizos de tren”

Estación de tren de Padrón nunha imaxe de Obaixoulla.gal O BNG de Padrón denunciou nun comunicado "os graves prexuízos que as obras na estación intermodal da Coruña están a provocar na rede ferroviaria", afectando de maneira moi directa á estación padronesa coa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.