O Museo do Pobo Galego e a Deputación organizan unha exposición para celebrar o 75 aniversario de “As Cruces de pedra na Galiza”, de Castelao

04 Decembro 2024

Alá polo mes de decembro de 1949, un dos nosos grandes persoeiros, Castelao remataba antes de finar a súa derradeira obra publicada: As cruces de pedra na Galiza, o resultado de décadas de análise da peculiar relixiosidade popular.

Dende o presente, 75 anos despois da creación desta obra que o artista rianxeiro compuxo dende o exilio (na Arxentina) este mes de decembro poderá verse no Museo do Pobo Galego a mostra bibliográfica 75 cabodano da sinatura de As cruces de pedra na Galiza. Trátase dunha escolma bibliográfica en homenaxe ao máis coñecido polígrafo galego que inclúe unha selección de fondos propios, entre os cales están as primeiras edicións de As cruces de pedra na Galiza e As cruces de pedra na Bretaña, así como bibliografía de Portugal, Irlanda, Bretaña, Illa de Man, Cornualles e Gales. Nesta especie de antoloxía, tamén hai obras cedidas por persoas socias e patróns, que parten da idea expresada hai décadas por Castelao de que non seremos conscientes da grande riqueza que temos en relación coas cruces de pedra até que coñezamos este fenómeno no resto de fisterras atlánticas.

Indo á inauguración da mostra, dicir que participaron o director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra; o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas; o deputado provincial da Deputación da Coruña, Antonio Leira e a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada.

No acto, Leira salientou que Castelao: “Con esa mestura única de artista, intelectual e defensor da nosa identidade, soubo ver nos cruceiros algo máis ca pedra. Viu neles historias de fe, de loita e de memoria colectiva. Nesta obra, non só documentou e debuxou con precisión cada cruceiro, senón que tamén reflexionou sobre o seu significado, conectando o pasado co presente e o material co espiritual”.

A mostra, organizada e producida polo Museo do Pobo Galego coa colaboración da Deputación da Coruña poderá verse de martes a sábado, de 16 a 20 horas, agás os días 6 e 24 de decembro, que abrirá de 11 a 14 horas. Conta co deseño gráfico e rotulado de Juan Feáns, e coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura e a Rede Museística Provincial de Lugo), o Museo Provincial de Lugo; amais do Concello de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...