José Vicente Domínguez presenta en Ribeira o seu novo libro: “Hablando con mis gansos”

19 Decembro 2024

O escritor palmeirán José Vicente Domínguez presentou este xoves 19 de decembro, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, o seu novo libro, Hablando con mis gansos, editado por Publicaciones Arenas. Trátase dunha obra que nos axuda a expandir a mente cara aos animais que nos rodean, concretamente cara as aves de terra como gansos ou ocas, das que, contra a crenza común, temos aínda moito que aprender. Na presentación do autor estivo arroupado polos concelleiros Antía Alberte e Vicente Mariño.

Ficha do libro

O descoñecemento dos animais non humanos que poboan a Terra pode facernos crer aos humanos pensantes que certos seres tales que os gansos, ocas e semellantes carecen de intelixencia. Despois de ler este libro, é posíbel que os empecemos a ver desde outra perspectiva.

Para poder entender a seres tan extraordinarios debemos diferenciar os dous campos do coñecemento: o racional e o sensible. Só desta maneira poderemos entender unha realidade diferente.

A tales conclusións puido chegar o autor logo dunha dilatada convivencia coas súas ocas, en semiliberdade, por espazo de sete anos.

O autor

Naceu en Palmeira (Ribeira-A Coruña) no ano 1946. Exerceu como capitán da Mariña Mercante e capitán de Pesca.

Tras desenvolver unha intensa actividade empresarial e desempeñado cargos na administración pesqueira, publicou diversos relatos, ensaio e novela. Nos seus libros sempre aflora o compromiso con Galicia e as súas xentes: Con el sol por la popa (2003) ou O Anxelote e outros relatos (2004).

Tamén publicou Que nos estades facendo? (Conversas ecolóxicas) (2005), narración dialogada que aborda a degradación do noso medio ambiente, reeditada en castelán en 2018 co título Por que maltratas o teu planeta?

Ademais, é autor de Veroto o Romano (2012), unha narración histórica que a través das noticias e opinións dos autores clásicos relata episodios, lendas, mitos e costumes que desde antigo fundamentaron o feito diferencial galaico. Foi traducida ao inglés baixo o título The last Celts (2014). Tamén publicou os dous primeiros volumes da Triloxía de Marta, que narran a vida dunha moza loitadora que se converte en inspectora de policía e cuxa dedicación para resolver un difícil caso supera cantas barreiras burocráticas e sociais interpóñense no seu propósito de servizo público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.