Javier Expósito, dono do Museo do Gravado de Ribeira, Académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes

03 Decembro 2024

O pleno da Real Academia Galega de Belas Artes nomeou Académico de Honra a Javier Expósito Paradela, propietario do Museo do Gravado de Ribeira e vicepresidente da fundación do devandito centro museístico. O plenario reunirase en Ribeira proximamente para o acto da súa toma de posesión.

Javier Expósito co alcalde de Ribeira, Luis Pérez, na entrega de premios da última edición dos Premios Atlante. Museo

A citada institución académica recoñece así a valiosa contribución de Expósito no ámbito cultural desde un museo que atesoura máis de 40.000 obras, unha Biblioteca Ilustrada de 8.000 exemplares e un taller de gravado no que se forman artistas veteranos e noveis.
Ademais, son numerosas as institucións de varios países ás que o museo ribeirense cede fondos para exposicións temporais. Destaca ademais o Premio Atlante, que recibe centos de obras de decenas de países. O museo promove ademais encontros de artistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.