26 de decembro, sol e temperaturas con lixeira baixa

25 Decembro 2024

Este xoves, festividade de Santo Esteveo continuaremos baixo a influencia dun anticiclón que seguirá favorecendo a circulación de ventos do leste. Neste contexto, prevese a formación de bancos de néboa durante as primeiras horas da xornada, especialmente en zonas de interior, sendo localmente persistentes na provincia de Lugo.

Na comarca o ceo manterase maioritariamente despexado e con algo de nubosidade de tipo medio e alto no oeste, sen que se agarden consecuencias significativas.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas apenas sufrirán cambios, con pequenos descensos na metade oeste. Os ventos serán de compoñente leste, en xeral frouxos, aínda que con intensidade moderada no extremo norte.

A estabilidade atmosférica seguirá polo menos ata ano novo.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á tarde e do leste á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.