O rianxeiro Roberto Ouro Tubío, recoñecido na nova edición dos Premios Lux

08 Novembro 2024

Na nova edición dos Premios Lux (coñecidos como “os Goya da fotografía profesional”) tiveron especial protagonismo os fotógrafos da nosa comarca. Se onte falamos do recoñecemento obtido por Adolfo Enriquez, de Porto do Son, hoxe temos que lembrar que no palmarés atópase tamén o rianxeiro Roberto Ouro Tubío, galardoado tamén no prestixioso certame. Foi na categoría de Paisaxe e Natureza, onde obtivo o Premio Lux Bronce.

O fotógrafo Roberto Ouro Tubío, despois de estar nomeado aos premios FEPFI e ser gañador dun premio Luces de Granada, foi galardoado este xoves 7 de novembro nos Premios LUX de Fotografía Profesional 2024, celebrados en Barcelona, cun bronce na categoría de paisaxe e natureza, pola obra O animal e a montaña.

Esta obra, en palabras de Roberto, “quere transmitir como esta cabra montesa supérase no día a día, sorteando unha chea de obstáculos para alimentarse e sobrevivir”. Nesta ocasión o animal ha de baterse nun enfrontamento directo coa mesma montaña.

O Premio LUX bronce, outorgado pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de España (AFPE), celebra a excelencia na fotografía profesional e destaca a aqueles que demostraron un nivel excepcional de creatividade e destreza no seu traballo.

“Este premio é un gran paso para a miña carreira profesional, é un recoñecemento ao esforzo
por sempre tentar ser creativo e achegar un punto de vista diferente”, sinalou o fotógrafo rianxeiro.

Sobre os Premios LUX de Fotografía Profesional
A Asociación de Fotógrafos Profesionais de España creou en 1993 os Premios LUX que se posicionaron como o referente da fotografía profesional en España. O seu propósito é dar visibilidade, recoñecemento e prestixio a esta arte, e manter viva a ilusión dos fotógrafos e as fotógrafas profesionais que se presentan cada ano. O prestixio dos Premios LUX vén apoiado pola enorme calidade dos traballos presentados, pero tamén por un xurado que se renova ano tras ano e está integrado por recoñecidos profesionais do sector da imaxe e a comunicación.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.