Os Premios LUX, coñecidos como os Goya da Fotografía Profesional, premian ao sonense Adolfo Enríquez, co trofeo Lux de Prata polas súas fotografías na categoría de paisaxe e natureza

07 Novembro 2024

O fotógrafo sonense, Adolfo Enríquez, foi galardoado nos Premios LUX de Fotografía Profesional 2024, celebrados no Disseny Hub Barcelona o 7 de novembro, cun Prata na categoría de paisaxe-natureza, pola obra “Lux”.
Nesta obra de Enríquez, plasma un amencer cos primeiros raios de sol abríndose paso a través da néboa e filtrados polas árbores na rivera do río Douro na localidade portuguesa de Peso de Régua. A visibilidade destes raios do Sol é debida a que as partículas de auga da néboa son capaces de dispersar a luz, e deixan ver eses raios de luz tan espectaculares, este fenómeno coñécese como efecto Tyndall.
“Hai moitos anos que as miñas imaxes forman parte de libros e revistas dedicadas á promoción da paisaxe e a natureza de Galicia, este premio precisamente na categoría de paisaxe é un impulso para seguir fotografando a beleza que se esconde en cada recuncho do noso país”, declara Adolfo Enríquez.

Sobre os Premios Premios LUX:
A Asociación de Fotógrafos Profesionais de España creou en 1993 os Premios LUX que se posicionaron como o referente da fotografía profesional en España. O seu propósito é dar visibilidade, recoñecemento e prestixio a esta arte, e manter viva a ilusión dos fotógrafos e as fotógrafas profesionais que se presentan cada ano.

O prestixio dos Premios LUX vén apoiado pola enorme calidade dos traballos presentados, pero tamén por un xurado que se renova ano tras ano e está integrado por recoñecidos profesionais do sector da imaxe e a comunicación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.