O papel da muller na pesca foi un dos fíos temáticos da terceira xornada de Mares da Fin do Mundo

02 Novembro 2024

Este venres 1 de novembro desenvolveuse a terceira xornada da VII Mostra Mares da Fin do Mundo, que se está a celebrar no Concello de Ribeira ata o 3 de novembro. A xornada comezou coa celebración na sala polivalente do Auditorio de Ribeira da Mesa da Pesca Sostíbel.

Moderada por Javier García Galdo (biólogo mariño) e baixo o título Elas traballan no mar, a actividade centrouse no papel fundamental da muller no sector pesqueiro, participando coma convidadas Amelia Caamaño Otero (bióloga da Confraría de Rianxo), Belén Queiruga Triñanes (gardapesca da Confraría de Rianxo), Celia Herbón Dieste (bateeira e vicepresidenta de Mulleres Salgadas — Asociación Galega de Mulleres do Mar), Miriam Paz Ramallo (percebeira e ouriceira da Confraría de Aguiño) e Rita Míguez de la Iglesia (mariscadora e presidenta da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (ANMUPESCA).

A continuación, dende o Centro Náutico Deportivo de Ribeira, celebráronse as primeiras saídas de navegación tradicional do balandro Joaquín Vieta e da tarrafa Chasula, dúas embarcacións que permitiron ás persoas inscritas na actividade descubrir a espectacular paisaxe da ría de Arousa e as historias que gardan estas naves históricas.

A xornada continuou pola tarde coa proxección de dous filmes participantes na Competición Oficial, comezando con Isblink, de Olga Krüssenberg (Suecia, 2024), unha obra ambientada en Svalbard e que a través das historias dos seus habitantes conforma unha memoria dun lugar que está cambiando a unha velocidade vertixinosa debido ao cambio climático. O segundo filme deste bloque foi Koka, de Aliaksandr Tsymbaliuk (Polonia, 2024), que documenta como gañan a vida un pai e o seu fillo nunha pequena aldea da costa do mar de Bering, pescando nunha comunidade que parece ancorada fóra do tempo.

Como peche desta terceira xornada da Mostra, o público asistiu á performance Echo Alfa Delta Zulu, un novo espectáculo audiovisual de Adrián Canoura e Anxo R. Ferreira, resultado dun proceso de investigación ao redor do mar e do arquivo sonoro/audiovisual existente, que parte da contraposición do mundo real e o imaxinario. Ao rematar o espectáculo, os protagonistas participaron nun coloquio co público que deu pé a falar de temas como a dicotomía entre a dureza e a beleza que experimentan os mariñeiros no seu traballo; a visión da dura vida dos mariñeiros lonxe do seu fogar, contraposta á inquedanza dos que quedan agardando en terra, ou mesmo a importancia deste tipo de obras, que nos permiten coñecer e reflexionar sobre a
realidade do mundo do mar, narrada dunha forma poética.

A Mostra está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.