O Concello do Son forma á rapazada de secundaria en hábitos saudábeis

19 Novembro 2024

O Concello de Porto do Son coa colaboración do Deputación da Coruña e do Proxecto Exeria, inicia este mes de novembro un programa de prevención de consumo de sustancias nocivas e de promoción de hábitos saudábeis. As actividades, que comezan este 19 de novembro cunha charla sobre os diferentes tipos de adiccións (cales coñecementos e cal é o noso alcance e repercusión), están dirixidas ao alumnado de 2º e 3º da ESO do IES de Porto do Son.

As charlas proseguirán o 26 de novembro cunha actividade formativa sobre promoción de hábito saudábeis.

O 4 de decembro haberá unha nova sesión divulgativa e de sensibilización arredor da toma de decisións (a influencia do grupo e da autoestima de cadaquén).

A formación será achegada por Exeria, empresa da Pobra do Caramiñal centrada na formación, a sensibilización e a intervención en diferentes ámbitos, actividades centradas en ámbitos como o acoso escolar, a educación emocional, a igualdade ou a mediación familiar.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.