O Concello de Boiro apoia a actividade social no municipio con 45.000 euros a entidades e asociacións

20 Novembro 2024

O Concello de Boiro destina un total de 45.000 euros para desenvolver actividades con fins sociais promovidas por entidades e asociacións. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, asinaron na mañá deste 20 de novembro os convenios coas entidades sociais que levan a cabo accións no municipio.

Na sinatura estiveron presentes representantes da Cruz Vermella, Cáritas, Amicos, Agadea, Ambar, A Creba, Renacer e Arelas; todas elas renovaron un ano máis a colaboración co Concello de Boiro para seguir traballando en propostas e actividades que fomentan o benestar social.

Continúan deste xeito no municipio os Talleres de Memoria que Cruz Vermella leva a cabo en todas as parroquias destinados a persoas maiores, programas de apoio escolar ou outras actividades lúdicas e de cooperación con colectivos vulnerábeis; o roupeiro social ou entrega de alimentos que cubran as necesidades básicas de familias do municipio e que realiza Cáritas; programas de inclusión social de desenvolven Amicos, Ambar ou A Creba.

Tamén van destinadas estas axudas aos obradoiros e programas para persoas con alzhéimer ou principios de demencia que realiza AGADEA; programas formativos sobre adiccións nos centros de ensino que desenvolve Renacer ou ás propostas en materia de diversidade e colectivo LGTBI que promove Arelas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.