Manuel Teira presenta este venres na Pobra “Cadernos da desmemoria”

04 Novembro 2024

O escultor pobrense Manuel Teira vai amosar esta semana na súa terra parte do seu traballo poético recente. En concreto, o artista presenta o seu poemario Cadernos da desmemoria no venres 8, ás 20.30 horas, no Teatro Cine Elma.

Uns 50 poemas compoñen esta obra que aborda temas como a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto… Todo cargado dunha forte melancolía para reflexionar sobre a vida e a existencia. Un exemplo de poesía introspectiva cargada de experiencias persoais.

O acto chega arroupado por varias entidades, entre elas, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

Intervirán, ademais do propio autor, o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a vicepresidenta da A. C. Barbantia, Isabel Santos; o vogal desta entidade, Manuel Cartea; e a poeta Marta Pedrosa.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.