Lanzado o primeiro vídeo da campaña Muros Consciente 2024

26 Novembro 2024

O Concello de Muros lanzou o primeiro vídeo da campaña Muros Consciente 2024.

“Con este traballo, pretendemos abrir unha vía de reflexión sobre o cambio cara uns hábitos de vida sostíbeis e unha economía e consumo responsables”, asegurou a alcaldesa, María Lago, con motivo do lanzamento.

O vídeo foi realizado por Anxo Beiro, coa colaboración de María Candamo e Alba Figueroa, sendo protagonistas as alumnas e alumnos do CEIP de Louro, que achegan á Rede a súa particular visión nunha mensaxe chea de forza.

Dende Muros Consciente indican que nos vindeiros días irán chegando novas mensaxes para contribuír a un consumo respectuoso co medio ambiente e sustentábel. De feito, o gran obxectivo da iniciativa é “concienciar sobre a necesidade dun consumo sostíbel, ademais de apoiar ao comercio local a loitar contra as prácticas consumistas desta época nas grandes superficies”.

A campaña, promovida polo Concello de Muros coa dirección creativa do Espazo a Maceta, céntrase este ano nas estratexias de economía circular, enfocadas na xestión e redución de residuos na hostalaría local.

Porén, Muros Consciente involucra a todo o concello, levando a cabo actividades como un museo en baixos sen alugar; obradoiros nos centros educativos e coa hostalaría; roteiros pola vila; actividades de lecer como o ioga; presentacións de proxectos inspiradores, e unha gala que está prevista para o vindeiro 29 de novembro, onde se reunirán varias asociacións para celebrar os beneficios que traen ao pobo co seu traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.