Ángeles Vázquez enxalza o traballo despregado polas/os guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas

21 Novembro 2024

Este xoves 21 celebrouse o acto de entrega de diplomas aos novos guías acreditados no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Na cita participou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen puxo en valor “o importante papel que desenvolven estes profesionais na protección do rico patrimonio natural da comunidade e a súa función divulgadora para facela compatíbel co desenvolvemento turístico e económico”. Tamén salientou que “cos máis de 50 guías acreditados nesta edición, o Parque leva formados xa a preto de 1.200 guías turísticos nos últimos 20 anos, converténdoos en activos fundamentais na difusión dos valores naturais e medioambientais dos catro arquipélagos así como promotores de actividades de turismo sostíbel nos espazos protexidos e na rede de parques naturais de Galicia”.

Lembrou que a formación que recibe o alumnado inclúe cuestións específicas sobre lexislación e biodiversidade así como sobre a súa protección, “uns coñecementos vitais para que os novos guías contribúan a que os elementos e valores naturais sexan apreciados e coñecidos polo conxunto da cidadanía”, dixo, acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

A conselleira destacou que Galicia “está comprometida coa Carta Europea de Turismo Sostíbel para velar polo seu rico patrimonio natural e facelo compatíbel co desenvolvemento económico apostando por prácticas respectuosas co medio natural”. Seguindo este fío, fixo saber que o parque completou a primeira fase do compromiso coa Carta Europea de Turismo Sostíbel en 2015 coa súa declaración como espazo de interese nacional, á que seguiu unha segunda fase de adhesión voluntaria das empresas turísticas implicadas na sostibilidade, co que se abriu unha nova relación entre os xestores do parque natural e as empresas turísticas asentadas na contorna.

“Baixo esta colaboración”, apuntou, “pódense experiencias atractivas para os visitantes e cumprir cos estándares de sustentabilidade na conservación da biodiversidade e no apoio ao desenvolvemento local; de feito, na actualidade o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia conta xa con 26 empresas que ofrecen actividades desde o respecto á natureza adheridas á Carta Europea de Turismo Sostíbel”.

A seguinte fase no cumprimento da carta europea comezará en 2025, coa incorporación de axencias de viaxes, as entidades encargadas de comercializar produtos turísticos de calidade contando coas empresas acreditadas. Con elas avanzarase no obxectivo común de velar pola protección dos espazos naturais e de achegalos aos cidadáns, un labor no que teñen un papel transcendental os guías, como divulgadores dun turismo verde e respectuoso co medio ambiente.

A formación

A actividade formativa estivo dirixido a 75 persoas, das cales aprobaron arredor de 60. Os perfís do alumnado van desde autónomos do sector turístico, profesores, enxeñeiros, biólogos ata apaixonados da natureza que buscan coñecer mellor o parque nacional e facelo parte das súas actividades empresariais e profesionais.

Por iso, Ángeles Vázquez, agradeceulles o seu interese na protección e coidado dos espazos naturais e animounos a compartir os seus coñecementos co conxunto da cidadanía para seguir avanzando na conservación do variado patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.