A Piscina do Son acolle en novembro unha actividade deportivo-solidaria para recadar material para a Cruz Vermella

12 Novembro 2024

Este mes de novembro regresa o deporte solidario a Porto do Son, pero a diferenza de acontecementos recentes que poñen o foco no sendeirismo ou no running, desta volta a natación será a protagonista indiscutíbel. A actividade deportiva 100×100 terá o seu epicentro na Piscina Municipal de Porto do Son e xuntará deporte, convivencia e solidariedade. A través dela, varios equipos terán o obxectivo de nadar un total de 10.000 metros cada un. Ao mesmo tentarase recadar o máximo número de produtos de hixiene, aseo e limpeza, material que será doado logo á Cruz Vermella de Noia. A recollida solidaria estará aberta a toda a veciñanza (local e comarcal) durante a semana comprendida entre o 18 e o 23 de novembro. O 23 de novembro dará comezo a competición de natación solidaria na que varios equipos -masculinos, femininos ou mixtos dende infantil ata máster- terán o obxectivo de nadar un total de 10.000 metros cada un. Máis inforamción na Concellería de Deportes de Porto do Son a través do teléfono 981 76 75 89 ou a conta de correo deportesdoson@gmail.com. Tamén podemos chamar ao teléfono da Piscina Municipal, 604051189.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.