A Campaña da Neve da Deputación adxudica 5 prazas ao concello de Outes

08 Novembro 2024

A Deputación da Coruña, dentro da programación deportiva para o ano 2025, pon en marcha a Campaña de Neve 2025 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). O Concello de Outes ten adxudicadas 5 prazas para para a 5ª quenda que terá lugar dende o 07/02/25 ata o 10/02/25. Para participar é preciso que as persoas interesadas teñan entre 11 e 15 anos e estar empadroadas en Outes. Quen precise máis información e descargar a folla de inscrición pode acceder á web municipal.

As persoas participantes neste programa gozarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

O programa vai destinado a nenos e nenas, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terá preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.

A praza inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...