Mar García (Deputación) avogou en Ribeira por abordar a saúde mental como “un problema prioritario en Galicia”

10 Outubro 2024

Ribeira acolleu este xoves 10 de outubro pola mañá unha mesa redonda sobre a saúde mental en Galicia, no marco das celebracións do Día Mundial da Saúde Mental organizadas pola asociación comarcal A Creba en colaboración co Concello. Participaron a deputada de Política Social, Mar García Vidal, a psiquiatra Carmen Armas, o xefe do servizo de Psiquitaría da área de saúde Barbanza-Santiago, Mario Páramo, e Isabel Fernández, traballadora social e secretaria da asociación A Creba.

Na súa intervención, a responsábel de Política Social da Deputación da Coruña destacou a “necesidade urxente de abordar a saúde mental como un problema de saúde pública prioritario en Galicia”, incidindo en cuestións como “o reforzo do sistema de saúde pública por parte da Xunta de Galicia para mellorar a calidade asistencial, a atención integral ás persoas que sofren trastornos mentais, medidas de prevención e educación, así como de apoio ás familias, que moitas veces carecen de recursos suficientes neste sentido”.

Mar García defendeu tamén “a necesidade de enfrontar os desafíos específicos do entorno rural no ámbito da saúde mental”, onde se produce un maior illamento social e falta de recursos asistenciais e subliñou a importancia de programas como os que desenvolve a Deputación nos concellos máis pequenos para loitar contra a soidade non desexada e promover a socialización das persoas maiores e o envellecemento activo.

A deputada destacou tamén “o papel fundamental que desenvolven as entidades sociais neste ámbito, prestando atención tanto ás persoas que sofren as enfermidades mentais como ás súas familias”.

“Entidades fundamentais como A Creba, que hoxe está aquí presente, e moitas outras ao longo e ancho da provincia, que realizan un gran traballo para mellorar a vida de moitas persoas que sofren doenzas mentais e das súas familias. Un labor do que nos sentimos orgullosos de poder colaborar desde a Deputación da Coruña”, afirmou.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.