O Concello de Rianxo informou do inicio das actividades formativas de alfabetización dixital da Concellería de Política Social para a poboación sénior de todo o municipio neste último cuadrimestre do ano: un novo programa de obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos.
A previsión é chegar a todas as parroquias (seis). As sesións serán de balde para a veciñanza e grazas e eles as persoas aprenderán a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de lecer na Rede.
As actividades formativas levaranse a cabo en Rianxo (o 2 e o 3 de outubro), en Asados (os días 16 e 17 de outubro), en Araño (días 30 e 31 de outubro), en Taragoña (días 13 e 14 de novembro), en Leiro (os días 27 e 28 de novembro) e en Isorna (os días 11 e 12 de decembro).
Máis datos no 664 185 489.




