Aumenta a inestabilidade teremos unha mañá de ceos con intervalos de nubes e claros e néboas no interior. Pola tarde os chuvascos serán localmente fortes e xeneralizados, menos probables no litoral e na comarca. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, moderados do nordés no litoral norte.
O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove