Presentación do festival “Etal Equal” 2024 en Ribeira

03 Setembro 2024

Hoxe tivo lugar a presentación dunha nova edición do festival “Etal Equal” organizado pola
asociación “Ribeira Crea” que se deron cita xunto ca concelleira de Cultura, Antía Alberte para
dar a coñecer as novidades deste ano.
Nesta terceira edición a organización quixo darlle un cambio de formato onde haberá
mercadillo con creadores locais, degustacións gastronómicas dos bares colaboradores máis
una gran variedade de grupos e estilos musicais que soarán na praza de Teruel os vindeiros
días 7 e 8 de setembro.
Antía falou da implicación da concellería co festival por ser xente moza do tecido asociativo de
Ribeira que desexa achegar novas iniciativas. Antía agradeceu a “Ribeira Crea” pola súa
aportación, inquietude e novas ideas, “que dende o concello sempre estamos a disposición de
tódalas entidades pero sí que é certo que entidades máis pequenas e non tan asentadas tamén
hai que poñer en valor para facelas despegar” afirmou a concelleira e pola outra banda
destacou o carácter de paridade que vai a ter o festival.
A presidenta de “Ribeira Crea”, Alba Pego que dixo “que este ano queremos dar cabida ás
asociacións e artistas locais que teñan tamén un espazo na praza de Teruel; Sachos na Rúa,
Malas herbas, Tere Ramallo, Luciérnaga, Sabela, Marijó,e Goreti entre outros” e rematou
invitando aos músicos á Jam Sesion do domingo 8.
Martiño Sampedro compoñente de “Ribeira Crea” agradeceu aos comercios locais que
colaboran no festival e tamén fixo una mención especial aos dous locais de hostalería que
levan colaborando dende a primeira edición (Cocoluche e A Recoveira) que este ano achegarán
igualmente as súas tapas nas sesión vermú nos dous días de festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.