Beatriz Ferrín leva a súa exposición “Un paseo pola contorna” á Casa da Cultura de Portosín

19 Setembro 2024

A Casa da Cultura de Portosín acolle estes días a exposición Un paseo pola contorna, que poderemos visitar até o 30 de setembro na sala de exposicións do dito inmóbel. Trátase dunha exposición de acuarelas de Beatriz F. Ferrín (Augarela) que xa se puido contemplar previamente na Casa da Cultura de Porto do Son.

Beatriz Ferrín é unha artista local autodidacta que destaca pola calidade de súa técnica no formato das acuarelas. Os seus traballos están inspirados na súa maioría no municipio mariñeiro e inclúen homenaxes á arquitectura local, ás súas xentes e á súa impoñente paisaxe marítima. Ferrín mostra o seu talento nas redes sociais a través da súa firma, Augarela.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.