A procesión en homenaxe á patroa e aos falecidos no mar abriu o día grande dos festexos do Carme en Porto do Son

08 Setembro 2024

Este domingo 8 de setembro celebrouse en Porto do Son a procesión grande das Festas do Carme. Participaron, entre outras autoridades, o conselleiro do Mar, Alfonso Vilares, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, o alcalde Luis Oujo, e os patróns maiores de Porto do Son e de Portosín, Emilio Queiruga e Isaac Gaciño, que quixeron acompañar os asistentes neste festexo no que se homenaxea á patroa dos mariñeiros e a todas as persoas que traballan ou se relacionan co mar.

Villares expresou o seu agradecemento por facelo partícipe deste encontro e trasladou tanto a súa vontade, como a da Consellería que dirixe, para seguir apoiando o sector, aos pobos nos que a pesca é un dos elementos que sustentan a súa economía e a todas as familias que buscan neste medio a ilusión do seu futuro.

Este domingo é o día grande das festas, sendo a xornada adicada a honrar á Virxe do Carme. Logo das dianas e alboradas de Canlebó, comezou ás 10.30 horas a procesión dende a capela da Atalaia até a explanada portuaria onde se celebrou a misa solemne ás 11.00 horas, presidida polo monseñor Francisco José Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela e acompañada pola Banda de Música de Noia. Ao rematar a misa foi a quenda da procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos mariñeiros falecidos no mar, finalizando coa tirada de fogos artificiais. Pola noite, ás 22h, actuará na praza de España Xurxo Fernandes. A verbena correrá a cargo das orquestras Claxxon e New York.

O luns 9 de setembro, día adicado á Virxe do Loreto, arrincará novamente con dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Canlebó, e logo haberá misas na capela do Loreto cada hora entre as 8.00 e as 12.00, culminando ás 13.00 horas cunha misa solemne acompañada da Banda de Música de Caamaño. Logo celebrarase unha sardiñada no campamento de Loreto amenizado por Paco de Leña e pola tarde seguirán as misas na capela ás 18.00 e ás 19.00 horas. Pola noite actuarán na praza de España os noieses Monolious Dop, a orquestra Finisterre e máis Chocolate.

O martes 10, Día na Honra de San Roque, comezará coas dianas e alboradas de Canlebó e logo cunha misa solemne na capela da Atalaia, ás 12h e con posterior procesión acompañada da Banda de Música de Caamaño. Pola tarde haberá exhibición de taekwondo ás 20.00 horas na praza de España e pola noite verbena coas orquestras París de Noia e La Banda de Ayer.

O mércores 11, xornada adicada á Caridade, arrincará novamente coas dianas e alboradas de Canlebó e logo haberá unha misa solemne ás 12.00 na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Pola tarde haberá inchábeis e xogos para nenos a partir das 17.00 horas no xardín portuario, e pola noite verbena coas orquestras Kubo, Marbella e Chocolate. Ás 0.00 botaranse os fogos de artificio e a continuación actuará a Charanga Os Celtas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.