Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro e de Ribeira participaron esta tarde no rescate dunha persoa que resultou ferida tras caer na fervenza Misarela, no rĆo Pedras, no concello da Pobra do CaramiƱal.Os efectivos colaboraron na evacuaciĆ³n da persoa, que foi trasladada ao Hospital ClĆnico Universitario de Santiago en helicĆ³ptero.
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso logo do aviso dun particular cando estaban a piques de ser as 16:30 horas. Durante a sĆŗa chamada, o alertador explicou que unha muller caera sobre unhas pedras na Fervenza da Misarela, en LesĆ³n, e non era capaz de erguerse de novo ao ferirse nunha perna.
Con esta informaciĆ³n, desde o Centro Integrado de AtenciĆ³n Ć”s Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervenciĆ³n dos Bombeiros de Boiro. O aviso tamĆ©n se pasou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira, Ć” Garda Civil da CoruƱa, Ć” PolicĆa Local e Ć” AgrupaciĆ³n de Voluntarios de ProtecciĆ³n Civil da Pobra do CaramiƱal.
Os Bombeiros de Boiro lograron chegar ata a persoa, que se atopaba estable e consciente, aĆnda que sen poder andar. Debido a que o camiƱo estaba intransitable, a evacuaciĆ³n por terra antollĆ”base difĆcil, polo que se solicitou a saĆda do helicĆ³ptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia. TamĆ©n foi notificado Salvamento MarĆtimo.
A ferida, xa cos Bombeiros tanto de Boiro como de Ribeira no punto, foi rescatada polo Pesca I e evacuada ata o hospital de referencia.