Presentada a X Festa do Polbo de Palmeira do 24 ao 25 de agosto

17 Agosto 2024
Palmeira servirá unha tonelada de polbo a prezos populares

Este venres resentouse en Ribeira a X Festa do Polbo de Palmeira á que acudiron, o rexedor, Luís Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, a concelleira de Promoción Económica, Veva Betanzos e o patrón maior de Palmeira, Miguel Franco.

Este ano celebrase a súa X edición e xa é un evento máis que consolidado ao que acoden miles de persoas ao longo dos dous días de celebración. O sábado 24 e o domingo 25 de agosto haberá instalada unha gran carpa na zona portuaria de Palmeira e alí poderase desgustar a prezos populares arredor dunha tonelada deste cefalópodo xunto con outras viandas como mexillóns, empanadas, churrasco, entre outros.
O concelleiro de Turismo, Suárez-Puerta, agradeceu especialmente na comparecencia a presenza do patrón maior de Palmeira, Miguel Franco, tamén sinalou que “a festa está pensada para a exaltación dun produto que é moi noso e que lle aporta un valor engadido á parroquia de Palmeira”. Tamén desvelou que haberá un pregoeiro sorpresa o vindeiro sábado 24.
O concelleiro de Mar, Fenando Abraldes, reflexionou sobre a importancia de apoiar e promocionar os produtos do mar “para nós é moi importante que os nosos produtos cheguen ao máximo público posible porque somos e vivimos do mar” engadiu.
Xa para finalizar o acto de presentación, Pérez Barral alagou o traballo dos mariñeiros e pescadores de Palmeira, tamén falou da estratexia integral do Concello en promover e dar a coñecer a diversidade e calidade dos produtos do mar. “Estamos a promover outro tipo de eventos, colaborando coas entidades de
Ribeira para desenvolver as potencialidades dos produtos, así pois temos eventos tan importantes como Gastromar onde exhibimos e exáltamos o peixe de Ribeira, a Festa do Percebe de Aguiño de interese turístico ou a festa da navalla“ indicou.

O rexedor falou da importancia da promoción, tanto para que a veciñanza sexa a primeira prescritora do produto, coma para os visitantes paraque o degusten e o sigan mercando durante todo o ano.
“Agardamos que o vindeiro fin de semana, Palmeira sexa un fervedoiro de xente para degustar o polbo a uns prezos populares” finalizou.
Non faltan os grupos de música tradicional coas súas gaitas e ataviados co traxe típico galego ademais charangas e sesións vermú e concertos polas noites amenizados por grupos de música locais.
As actuacións de música en directo son cada un dos días de 13:30 h a 15:00 h e de 22:00 h a 24:00 h.

PROGRAMACIÓN SÁBADO 24

  • Charanga Os Atrevidos
  • Pregón
  • Sesión Vermú: Open Drink 13:30 h a 15:00 h
  • Concerto de noite: Thais Suki 22:00 h a 24:00 h
    PROGRAMACIÓN DOMINGO 25
  • Grupo Tradicional Arume
  • Sesión Vermú: Drippers 13:30 h a 15:00 h
  • Concerto de noite: Recambios Tucho 22:00 h a 24:00 h

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...