Os Bolechas inician no Son, o 14 de agosto, a xira galega do espectáculo Radiolímpica

09 Agosto 2024

Porto do Son vai ser unha das paradas, este mes de agosto, da nova xira da familia de Os Bolechas (os personaxes creados por Pepe Carreiro) pola xeografía galega, presentando o espectáculo Radiolímpica 88 FM. A cita (a primeira da xira galega) será o vindeiro mércores 14 de agosto en Porto do Son, ás 21.00 horas na praza de España. Trátase dunha función para os máis pequenos á cal, segundo sinala o Concello, as e os maiores están tamén convidadas/os. Organiza a Secretaría Xeral de Lingua a través do programa FalaRedes coa colaboración do Concello de Porto do Son.

O espectáculo Radiolímpica 88 FM é unha sesión de monicreques ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nesta nova proposta combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua galega e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas, co gallo da celebración das Olimpíadas en París. Os Bolechas deportistas anímanos a usar o galego tamén cando practicamos deporte.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.