Esta fin de semana os seareiros do golf teñen unha cita ineludíbel no X Torneo de Golf CONGALSA

13 Agosto 2024

Esta fin de semana os afeccionados ao golf están de celebración coa décima convocatoria do prestixioso Torneo de Golf CONGALSA que se celebra no club Barbanza Golf de Boiro. Un evento deportivo que cada ano reúne a máis deportistas e que se converteu nunha cita de referencia no calendario de competicións. Deste xeito, os días 16, 17 e 18 de agosto os deportistas rexistrados poderán mostrar as súas habilidades no campo para facerse con algún dos trofeos das categorías Scratch, Hándicap, Sénior, Feminina e Júnior.

O domingo 18 a partir das 13.00 horas celebrarase a entrega de premios na que se sortearán agasallos entre todas as persoas participantes e degustaranse unha selección de produtos das diferentes gamas que comercializa a compañía.

Desta forma, volve unha cita deportiva impulsada pola firma pobrense CONGALSA coa que promove o deporte e que tamén serve de aliciente turístico e económico para a comarca do Barbanza.

As inscricións están abertas ata o xoves 15 ás 22.00 horas e pódense formalizar a través do correo electrónico barbanzagolf@gmail.com, na web golfdirecto.com, no teléfono 651172945 ou no campo de golf situado en Boiro. 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.