Brillante xornada na Regata GADIS para a vela de iniciación na Ría de Arousa

24 Agosto 2024

Celebrouse na Ría de Arousa a primeira das dúas xornadas das que consta a Regata GADIS que, ata este domingo, organiza o Club Náutico Deportivo Riveira.
Cunhas inmellorables condicións de mar e vento cumpriuse o programa para este primeiro día de competición, co aliciente de poder asegurar unha cuarta manga para os Optimist de Regata, que puideron
aplicar o descarte ao peor resultado parcial, de maneira individualizada.
A compoñente tiña o seu eixo no noroeste, cun 330º – 350º que insuflaba desde Riveira de 17 a 20 nós estables, con onda pequena, só marcada polo vento, e cun campo de regatas montado nas proximidades do espigón do porto deportivo, en dirección á Praia de Coroso.

Foto Juan Caballero

Enzo Ferrón, do club anfitrión do Náutico de Riveira, mostrou as súas habilidades e coñecementos das augas sobre as que se adestra cada fin de semana, ao rexistrar tres primeiros e un segundo, eliminando este último
co descarte e pousando na foto de líder con tres puntos. A prata provisional posúea o seu compañeiro de equipo, Daniel Iglesias, que se atopa segundo a dous puntos do ouro, con parciais 3-2-2-1. E o bronce, con 8 puntos é para Antía Díaz, tamén de Riveira, con 2-4-3-3.
Respecto a os barcos de escola, divididos ata este domingo en tres grupos, manda no G1 o regatista local do Deportivo de Riveira, Miguel Gómez. No G2 manda o tamén membro do equipo de regatas do Náutico, Pablo González. E pecha o G3, como líder, Leo Serrano, tamén de Riveira.

Coas condicións de mar e vento reinantes na tarde deste sábado en Riveira, a organización da Regata GADIS quere felicitar aos adestradores e novísimos regatistas polo bo papel deportivo e social mostrado tanto en terra como na mar, selado cunha chocolatada ao seu regreso ofrecida polo Club e por GADIS.
O domingo, o Top na auga está previsto ás 10.30 h. da mañá, sendo ás 18.00 h. da tarde a entrega de premios.(Juan Caballero)

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.