A banda compostelá Cachas&Cousins achega esta “finde” un programa dobre no Barbanza: o sábado na Romaría de Exipto e o domingo no Son

02 Agosto 2024

O Concello de Porto do Son organiza este domingo 4 de agosto un concerto con Cachas&Cousins, ás 13.00 horas na céntrica praza de España. Previamente, o sábado 3, actuarán na Romaría de Exipto, en Boiro, á mesma hora.

Cachas&Cousins é unha banda creada en Santiago de Compostela en 2014 que reivindica o estilo rocksteady e outros ritmos xamaicanos, como o ska, o rythm and blues ou o soul propio da illa caribeña que impactou nas emisoras na década dos 60. A formación está composta por oito membros (voces, guitarra, baixo, batería, percusión, saxo e trompeta), percorreu toda a xeografía galega participando en festivais como Outono Codax, Minho Reggae, Feito a Man en Santiago de Compostela, festival Rúas Vivas de Noia, Ska all Night in Vigo ou Circuito Paseantes de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.